Do 17 de maio de 2003 ó 06 de xullo de 2008, 368 programas feitos con emoción e illusión. Coas gañas de aportar canto nos gusta e interesa, compartir ideas, sensacións e as múltilples interpretacións da realidade que nos absorbe e nos involucra por sempre. Agradecemos a todos cantos fixeron posible un concepto radiofónico único e que non debería ser irrepetible, apostando pola creatividade, a información e maila activación da imaxinación. Atrás queda a bagaxe de cinco intensos anos de creacións exclusivas. Dende a realización do programa facemos públicas as nosas desculpas por non ter a posibilidade de nos despedir dunha audiencia fiel, comprensiva e agradecida, pero así quixo que fose a dirección da emisora de xeito repentino e inxustificado, notificado por e-mail. Ata pronto |