Higher Street é a evolución dun programa de radio iniciado en 1997, no que cada fin de semana, na medianoite do sábado ó domingo, seleccionamos tóda-la música que máis nos gusta, contando con Van 'Em e Mr Gee (Higher Club) e Dj Sith e David M (Break That Beat) mais convidados. Neste club invisible, activo once anos despois, escóitase jazz, funk, soul, r&b, rap, electro, detroit, drum&bass, breaks, dubstep, afrobeat, etc, a través da emisora municipal do Concello de Oleiros, radiOleiros, que emite no 101,5 da fm. E nesta temporada que comeza, en formato de unha hora, coa densidade e nivel habituais segundo costume.

 

>Higher Street, xa-domingo 04 de xaneiro de 2009 [ligazón na hora]

Dj Food - Last Coltrane to Skaville
Dj Cam Quartet - Visions
Universo [Máis preto do Sol]
Chicha de jazz [Pontejazz Big Band - Concerto de Aninovo]
What???
Cóctel-Bar [Cóctel Cuesta de Enero+ Dexter Gordon]
Arte Invisible [Federico Rivas Montenegro]
Gino Marinuzzi - Rhythms in suspence
Bobby Byrd & Vicki Anderson - You're welcome, stop on by