_martes, 15 de Xullo de 1997 (cremos).

Primeira emisión, totalmente experimental, dun espazo de radio que logo crecería ata se converter en Higher Club, ou relación inexistente de individuos que, con carácter nómada, difunden ideas e gusto sonoro a través da FM. A partir de entón, festas, líos, internet, flyers... e dende 2003 ata 2008, 6 horas de radio semanais para toda Galicia, ademais do programa orixinal en radiOleiros (emisora municipal do Concello de Oleiros). Engadimos postais con deseños orixinais coa programación da radio na rúa, cada mes e sen interrupción dende Setembro de 2001, e diversos eventos xunto aos colectivos BIOR e BreakThatBeat.

Sen casflú (cash-flow) tamén se funciona...